lunes, 20 de abril de 2020

2ºA/B LES PETITS CUISINIERS

Xa que estades a ter problemas con algún dos enlaces, achego esta nova tarefa para que sigades demostrando as vosas habilidades culinarias. Trátase dunha receita francesa que podedes levar a cabo adaptando os ingredientes ao que teñades na casa. Agardo que disfrutedes do vídeo e que continuedes enviando imaxes: https://www.youtube.com/watch?v=swl8SrE5y0s




domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS 2ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Bonjour!


Seguimos unha semana máis de traballo coa Aula virtual do cole, aínda que con novidades, pois vos invito a que comecemos a traballar co Classroom. Se vos parece para que vaiades practicando con el, esta semana podedes ir visitándoo e para a seguinte xa nos dirixiremos a el para realizar as tarefas correspondentes. Teredes acceso a el mediante a Aula virtual, pero achego agora o enlace coa clave de acceso:

Classroom Francés 2ºESO A/B: https://classroom.google.com/u/0/h?hl=es
Código clase: 24W3Z4Q

En canto ás tarefas desta semana, propóñovos:
- Exercicio en liña para repasar os nomes dos legumes, tedes que marcar aqueles legumes que merca e arrastrar tódolos nomes ao lugar correspondente.
http://www.estudiodefrances.com/exercices/fruitsetlegumes.html
- Tetris en liña: ides escoitar unha serie de frases, despois de escoitalas teredes que ordear os elementos desa frase colocándoos no lugar correcto así como vaian aparecendo en pantalla.
Achégovos esta actividade para repasar a orde dos elementos na frase, pois notifiquei algún erro de colocación nas últimas actividades.
http://voyagesenfrancais.fr/IMG/swf/jeu-tetris-ifm.swf
- A vindeira semana comezaremos a traballar co vocabulario da casa: este video, que vos fará volver a uns anos atrás... é para que vaiades entrando en materia:
https://www.youtube.com/watch?v=tubIZtDthRk

Agardo que disfrutedes, non tedes que enviarme traballo algún, só escoitade atentamente e poñede en práctica as vosas habilidades cos xogos.


Biquiños

CORRECCIÓNS 2ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Salut!

Felicitacións polo traballo que estades a realizar!!!

Aínda que xa vos fora corrixindo individualmente a tarefas, achego as correccións para que botedes man delas cando o necesitedes.


TAREFAS 1ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Bonjour!


Seguimos unha semana máis de traballo coa Aula virtual do cole, aínda que con novidades, pois vos invito a que comecemos a traballar co Classroom. Se vos parece para que vaiades practicando con el, esta semana podedes ir visitándoo e para a seguinte xa nos dirixiremos a el para realizar as tarefas correspondentes. Teredes acceso a el mediante a Aula virtual, pero achego agora o enlace coa clave de acceso:

Classroom Francés 1ºESO A/B: https://classroom.google.com/u/0/h?hl=es
Código clase: ohnwns4

En canto ás tarefas desta semana, propóñovos varias escoitas coas que ides practicar e repasar os nomes dos animais que xa coñecedes, e unha historia; "Bonne nuit Tinku", na que aparecen algúns deles citados.
Agardo que disfrutedes destas actividades, non tedes que enviarme traballo algún, só escoitade atentamente.

https://www.youtube.com/watch?v=m7_94ABInys
https://www.youtube.com/watch?v=fWnCCq26GjE
https://www.youtube.com/watch?v=rERHrlUt-lM

Biquiños

CORRECCIÓNS 1ºESO A/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Salut!

Noraboa polo voso traballo semanal!!!
Aínda que individualmente xa vos fora indicando as correccións das tarefas, achégoas novamente para que botedes man delas se o necesitades.







martes, 14 de abril de 2020

ACLARACIÓN TAREFAS 2ºA/B

 
Bo día,
Quixera facer unha aclaración da ficha en
 
Tedes que seguir o modelo das frases que tedes na ficha de traballo como exemplo.
Nelas, como vos indica a teoría, o pronome en vai sustituír a un substantivo comezado por de le, de l´, du, de la ou des (os partitivos que miramos). Polo tanto, cando empreguedes en, teredes que eliminar eses nomes de cousas (normalmente comidas) e os partitivos; e colocar en entre o suxeito e o verbo nas afirmativas, e en entre ne e o verbo nas negativas, con pas ao final. Lembrade
- ne+pas son as partículas negativas.
- Il y a (hai)
 
Exemplo:
Tu manges du poulet (Ti comes polo)?
Oui, J´en mange
Non, je n´en mange pas.
EN SUBSTITÚE A DU POULET.

ACLARACIÓN TAREFAS 1ºA/B

Bo día,
Quería facer unha aclaración en canto ás tarefas, a primeira é corrixir un erro nas traducións de Les animaux, en lugar de creval, poñede cheval
E en canto ao plural dos artigos definidos é indefinidos, que me estades a preguntar, lembrade que os estivemos repasando, e que como sabedes o plural de un/une é des e o de le/l`/la é les.

Un saúdo e seguide preguntando o que necesitedes.