lunes, 20 de abril de 2020

2ºA/B LES PETITS CUISINIERS

Xa que estades a ter problemas con algún dos enlaces, achego esta nova tarefa para que sigades demostrando as vosas habilidades culinarias. Trátase dunha receita francesa que podedes levar a cabo adaptando os ingredientes ao que teñades na casa. Agardo que disfrutedes do vídeo e que continuedes enviando imaxes: https://www.youtube.com/watch?v=swl8SrE5y0s




domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS 2ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Bonjour!


Seguimos unha semana máis de traballo coa Aula virtual do cole, aínda que con novidades, pois vos invito a que comecemos a traballar co Classroom. Se vos parece para que vaiades practicando con el, esta semana podedes ir visitándoo e para a seguinte xa nos dirixiremos a el para realizar as tarefas correspondentes. Teredes acceso a el mediante a Aula virtual, pero achego agora o enlace coa clave de acceso:

Classroom Francés 2ºESO A/B: https://classroom.google.com/u/0/h?hl=es
Código clase: 24W3Z4Q

En canto ás tarefas desta semana, propóñovos:
- Exercicio en liña para repasar os nomes dos legumes, tedes que marcar aqueles legumes que merca e arrastrar tódolos nomes ao lugar correspondente.
http://www.estudiodefrances.com/exercices/fruitsetlegumes.html
- Tetris en liña: ides escoitar unha serie de frases, despois de escoitalas teredes que ordear os elementos desa frase colocándoos no lugar correcto así como vaian aparecendo en pantalla.
Achégovos esta actividade para repasar a orde dos elementos na frase, pois notifiquei algún erro de colocación nas últimas actividades.
http://voyagesenfrancais.fr/IMG/swf/jeu-tetris-ifm.swf
- A vindeira semana comezaremos a traballar co vocabulario da casa: este video, que vos fará volver a uns anos atrás... é para que vaiades entrando en materia:
https://www.youtube.com/watch?v=tubIZtDthRk

Agardo que disfrutedes, non tedes que enviarme traballo algún, só escoitade atentamente e poñede en práctica as vosas habilidades cos xogos.


Biquiños

CORRECCIÓNS 2ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Salut!

Felicitacións polo traballo que estades a realizar!!!

Aínda que xa vos fora corrixindo individualmente a tarefas, achego as correccións para que botedes man delas cando o necesitedes.


TAREFAS 1ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Bonjour!


Seguimos unha semana máis de traballo coa Aula virtual do cole, aínda que con novidades, pois vos invito a que comecemos a traballar co Classroom. Se vos parece para que vaiades practicando con el, esta semana podedes ir visitándoo e para a seguinte xa nos dirixiremos a el para realizar as tarefas correspondentes. Teredes acceso a el mediante a Aula virtual, pero achego agora o enlace coa clave de acceso:

Classroom Francés 1ºESO A/B: https://classroom.google.com/u/0/h?hl=es
Código clase: ohnwns4

En canto ás tarefas desta semana, propóñovos varias escoitas coas que ides practicar e repasar os nomes dos animais que xa coñecedes, e unha historia; "Bonne nuit Tinku", na que aparecen algúns deles citados.
Agardo que disfrutedes destas actividades, non tedes que enviarme traballo algún, só escoitade atentamente.

https://www.youtube.com/watch?v=m7_94ABInys
https://www.youtube.com/watch?v=fWnCCq26GjE
https://www.youtube.com/watch?v=rERHrlUt-lM

Biquiños

CORRECCIÓNS 1ºESO A/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Salut!

Noraboa polo voso traballo semanal!!!
Aínda que individualmente xa vos fora indicando as correccións das tarefas, achégoas novamente para que botedes man delas se o necesitades.







martes, 14 de abril de 2020

ACLARACIÓN TAREFAS 2ºA/B

 
Bo día,
Quixera facer unha aclaración da ficha en
 
Tedes que seguir o modelo das frases que tedes na ficha de traballo como exemplo.
Nelas, como vos indica a teoría, o pronome en vai sustituír a un substantivo comezado por de le, de l´, du, de la ou des (os partitivos que miramos). Polo tanto, cando empreguedes en, teredes que eliminar eses nomes de cousas (normalmente comidas) e os partitivos; e colocar en entre o suxeito e o verbo nas afirmativas, e en entre ne e o verbo nas negativas, con pas ao final. Lembrade
- ne+pas son as partículas negativas.
- Il y a (hai)
 
Exemplo:
Tu manges du poulet (Ti comes polo)?
Oui, J´en mange
Non, je n´en mange pas.
EN SUBSTITÚE A DU POULET.

ACLARACIÓN TAREFAS 1ºA/B

Bo día,
Quería facer unha aclaración en canto ás tarefas, a primeira é corrixir un erro nas traducións de Les animaux, en lugar de creval, poñede cheval
E en canto ao plural dos artigos definidos é indefinidos, que me estades a preguntar, lembrade que os estivemos repasando, e que como sabedes o plural de un/une é des e o de le/l`/la é les.

Un saúdo e seguide preguntando o que necesitedes.

lunes, 13 de abril de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Bonjour!

Xa estamos rematando os contidos relacionados coa Alimentación e a Pirámide alimentaria!
Moi relacionado cos partitivos, está o pronome en, que como veredes se emprega maiormente para substituír a un alimento, obxecto ou lugar, introducido por de, de la, du, de l´ou des.

Achego un video e un documento explicativo para que poidades completar unha ficha na que deberedes responder a sete preguntas de maneira afirmativa e negativa, segundo o modelo. Teredes que introducir o pronome en como substituto dun nome xa mencionado na interrogación.

A segunga actividade desta semana pretende convertervos nuns profesionais dos "crêpes". Aínda que me gustaría disfrutar con vós desta tarefa en persoa, anímovos a que enviedes imaxes cociñando estes coñecidos doces franceses. Podedes seguir a receita que inclúo pero aprtando o voso toque persoal.

Ánimo mes pâtissiers!

https://www.youtube.com/watch?v=7RWB0-4KanU









 

CORRECCIÓNS 2ºA/B SEMANA MARZO AO 03 ABRIL

Salut mes élèves!
Comment étaient les vacances ?

Achego as correccións das tarefas da última semana para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

TAREFAS 1ºA/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Bonjour!
Tal e como vos indiquei na entrada anterior, esta semana imos continuar co vocabulario dos animais. Achego unha ficha que deberedes completar coa tradución correspondente, a maior parte deste vocabulario xa o traballastes nas sopas de letras, así que agardo vos sexa familiar.



Como puidestes ler no encabezado da anterior actividade, aparece a palabra "animaux", que se corresponde con animais. Precisamente, o plural é do que imos tratar a continuación. Para axudarvos con esta revisión do plural de adxectivos e femininos, inclúo un documento explicativo e uns posteriores exercicios.  Na primeira ficha deberedes completar coa forma singular ou plural que falte, na parte superior dos recadros está a palabra en singular e na inferior en plural; e na segunda ficha poñer os substantivos (simples ou compostos) e os artigos que os acompañan en plural.  Lede con atención e ante calquera dúbida contades co meu correo para que sexa aclarada.
Moito ánimo, que xa sodes uns profesionais da aula virtual. Biquiños.



 
 

CORRECCIÓNS 1ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL

Salut mes élèves!
Comment étaient les vacances ?

Achego a corrección da canción Le lion est mort ce soir da  última semana para que a revisedes e autocorrixades; e gardedes logo co voso material da aula. Co vocabulario das sopas de letras imos seguir traballando cunha tarefa que vos propoño para esta semana.

jueves, 2 de abril de 2020

SALUT!

Ola meus nenos e nenas,

Quería agradecervos o traballo e esforzo de todos estes días; cunha situación nova e complexa para todos nós, pero á que estades a responder xenial.

Vexo que seguides enviando tarefas que tedes pendentes e nestes días que veñen podedes facelo igualmente.

Desexo que descansedes e disfrutedes ao máximo en compaña das vosas familias que tamén vos están a coidar e a apoiar en todo o que poden e facendo moitos esforzos.

Moitos bicos e agardo de corazón poder vervos axiña e disfrutar da vosa compaña.

Je vous embrasse

domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!


Bo día nenos, coñecedes o libro O Principiño (1943) de Antoine de Saint-Exupéry? Achego a escea dunha película de animación que se baseou nesta recoñecida peza literaria.

Vede e escoitade con atención para responder brevemente as cuestións que vos plantexo.


Para continuar, ides escoitar unha canción que forma parte da banda sonora do filme do que falamos. Titulase J´ai dans le coeur. Deberedes completar a letra coas palabras que falten. E igual que coa escea, poderedes escoitala tantas veces como necesitedes.

Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota moito en falta.





https://www.youtube.com/watch?v=DQ_IVxK-3dk

 






CORRECCIÓNS 2ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Bonjour!
Achego as correccións das tarefas da semana pasada para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

Aí van:


TAREFAS 1ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!

Bo día nenos, comezamos xa a 3ª semana, sodes uns campións! Imos facer unas actividades lúdicas.

Imaxino que coñeceredes ao grupo Kids United e varias das súas cancións. Entre elas está Le lion est mort ce soir, imos escoitala e deberedes cubrir a súa letra coas palabras que faltan.

Achego o enlace web e a letra da canción para completala. Sabedes que podedes vela tantas veces como sexa necesario.


Xa que na canción se mencionaba a un lion, imos continuar traballando co vocabulario dos animaux.

Inclúo tres sopas de letras para que atopedes as palabras, busquedes o significado e confeccionedes o voso vocabulaire des animaux. Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o vindeiro venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota en falta.




CORRECCIÓNS 1ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Bonjour!
Achego as correccións das tarefas da semana pasada para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

Aí van:



viernes, 27 de marzo de 2020

SALUT MES ÉLÈVES!

Salut mes élèves!

Xa chegamos a venres!!!
Tivestes algunha dificultade coas tarefas?
Lembrade que podedes enviarme ao correo calquera dúbida que vos poida xurdir e os exercicios pendentes.

Na próxima publicación achego o traballo da vindeira semana.

Coidádevos moito.
BIQUIÑOS

miércoles, 25 de marzo de 2020

BONJOUR! 1º/2ºESO

Bo día nenos!!!

Ánimo que estades a facer un moi bo traballo. Estanme a chegar diariamente as vosas tarefas. Podedes enviar as que teñades pendentes da semana pasada coas desta.
Na medida do posible, enviade ata o venres para poder revisalas e enviar o traballo seguinte.

Biquiños meus nenos!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Salut!

Rematada a corrección achego tarefas para que fagades esta nova semana. Lembrade que a data límite de entrega será o venres 27. 

Comezamos cunha comprensión escrita que achego a continuación. Deberedes ler o texto do Menú con detención e responder aos seis apartados posteriores. Empregado o dicionario en liña se é necesario (O exercicio da parte de abaixo de produción oral non tedes que facelo).


A seguinte tarefa consiste en completar unha táboa coa información que extraiades do texto previo que inclúo. Na táboa debedes indicar o que come (nourritures) e bebe (boissons) esa persoa en distintos momentos da xornada: no almorzo (pétit-déjeuner), comida (déjeuner), merenda (goûter) e cea (dîner); escribindo a hora concreta (heures) ou momento aproximado en que o fai, como recolle o texto.


Juliette décrit ce qu´elle mange dans la journée

Le matin, je prends mon petit-déjeuner à sept heures. Je mange des tartines à la confiture. J´aime la confiture à la fraise. Le week-end, je prends aussi des céréales ou des croissants, ça dépend. Je bois un jus d´orange ou du lait.
Á midi, je mange à la cantine du collège. On mange, par exemple, des carottes râpées et du poulet avec du riz. Comme dessert, je mange un fruit. Normalement, on boit de l´eau.
À cinq heures, je prends un goûter. Je mange du pain et si j´ai faim des chocos, et je bois du coca ou de l´eau minérale.
Le soir, au dîner, on prend de la soupe, du poisson ou de la viande et des légumes. On boit de l´eau.

Recopie la grille et complète.
Repas
Heures
Nourritures
Boissons
Petit-déjeuner









Déjeuner









Goûter









Dîner










CORRECCIÓNS 2ºA/B SEMANA 16 A0 22 MARZO

Bonjour! Comment ça va?

Proba superada, xa pasamos a unha segunda semana de traballo!!!

Achego as correccións das tarefas que me enviastes. Deberedes revisar os exercicios e corrixilos para poder facer a vosa propia autoavaliación. Non é necesario que mos enviedes, pois eu os teño revisados e arquivados. Pero vós tedes que facer o mesmo e gardalo no voso material da aula.
Fixádevos nos comentarios que fixen ó respecto.



CORRECCIÓNS 2ºESO A/B SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO
POINT CULTURE
LE REPAS EN FRANCE
A)   Relisez les menus et complétez le texte suivant sur le repas en France.
Un repas ordinaire en France comporte en général quatre: entrée, plat principal, fromage ou produit laitier puis dessert.
Por l´entrée, on trouve principalement deux catégories alimentaires: crudités (légumes cruz ou parfois cuits, servis froids), charcuterie (saucisson, pâté…) ou quelquefois un fruit (melón, pamplemousse, avocat). La soupe est plutôt réservée au dîner.
Pour le plat principal: viande, oeufs ou poisson, avec légumes, riz  ou pâtes.
Le dessert est sucré: fruit, gâteau ou crème.

AU CAFÉ
2.  Vrai ou faux? Corrige les frases qui sont fausses.
a)    Matthieu va manger un sandwich au fromage. VRAI
b)   Juliette voudrait une glace au chocolat. FAUX
Juliette voudrait une glace à la fraise.
c)    Arnaud n´aime pas la pizza. FAUX
Arnaud aime la pizza.
d)   Natacha voudrait une crêpe. FAUX
Natacha voudrait un croissant.
e)   On n´a pas de croissants. FAUX
On a des croissants.

LES PARTITIFS

EXERCICES
1. Entoure la forme correcte.
a) Tu aimes le chocolat chaud?
b) Il y a du beurre à la maison.
c) Vous commandez un croissant.
d) Je mange du miel tous les jours.
e) Elle boit du lait écrémé.
f) Vous voulez des fruits?

2. Complète avec du, de la, de l´ou l´indéfini des.
a) Le matin, tu bois du chocolat et tu manges des biscottes.
b) Je voudrais du pain grillé avec du beurre.
c) Elle commande du café et des croissants.
d) Il y a de la saccharine ou du sucre dans le yaourt?
e) Nous préférons manger des céréales avec du lait.
f) On mange du fromage au petit-déjeuner.

3. Complète les phrases avec l´article qui convient.
a) Si tu manges des bonbons, lave-toi les dents après.
b) Tu veux du chocolat ou de la confiture sur la crêpe?
c) On achète de la pizza ou des lasagnes pour demain?
d) Le soir, nous mamgeons léger: du poisson et de la salade.
e) Elle mange des légumes deux fois par jour.
f) Je vais prendre du poulet avec des frites.

 4. Complète les questions et les réponses.
a) Tu manges du jambon?                -Non, je ne mange pas de jambon.
b) Il y a du pain complet?               -Non, il n´y a pas de pain complet.
c) On a des oranges?                      -Non, on n´a pas d´oranges.
d) Vous buvez du café?                   -Non, je ne bois pas de café.
e) Tu demandes du beurre              -Non, je ne demande pas de beurre.
f) Elle veut de l´eau?                     -Non, elle ne veut pas d´eau
g) Nous prenons des escargots?      -Non, vous ne prenez pas d´escargots.
h) Je mets de l´essence de vanille? -Non, tu ne mets pas d´essence de vanille.
  

Fixádevos na corrección de AU CAFÉ, algunhas das frases podiades correxilas simplemente poñéndoas en afirmativa ou cambiando certas palabras, sen necesidade de cambios grandes.

No exercicio dos partitivos, os erros que puiden ver, tiñan que ver a maior parte co xénero á hora de empregar o partitivo ou na utilización exclusiva de “de” ou “d" nas frases negativas.

TAREFAS 1ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Salut!

Rematada a corrección achego tarefas para que fagades esta nova semana. Lembrade que a data límite de entrega será o venres 27. 

Comezamos cunha ficha de repaso dos adxectivos, deberedes traducilos na columna da dereita, tanto ao masculino como ao feminino, xa traballamos con todos eles, pero se necesitades axuda, sabedes que tedes á vosa disposición dicionarios en liña.


Ao finalizar o exercicio anterior continuamos con expresións útiles para indicar a ida a un país. É necesario que conxuguemos primeiro o verbo "ir", que en francés se coñece como "aller". Esta é a súa conxugación no presente nas distintas persoas que xa coñecedes:

JE VAIS
TU VAS
IL/ELLE/ON VA
NOUS ALLONS
VOUS ALLEZ 
ILS/ELLES VONT

Se o que queremos é dicir que imos a ún país que é de xénero feminino (rematado en -e), despois do verbo teremos que poñer a preposición -en.
Exemplo:
Je vais en Espagne (Eu vou a España).

Se o que queremos é indicar que imos a ún país que é de xénero masculino (rematado en calquera consoante ou vogal que non sexa -e), despois do verbo teremos que poñer a contracción -au. 
Exemplo: Tu vas au Maroc (Ti vas a Marrocos).


Se pola contra, o que queremos é comunicar que imos a ún país que é de número plural (masculino ou feminino, rematado en -s), despois do verbo teremos que poñer a contracción -aux. 
Exemplo: Elle va aux États-Unis (Ella  vai aos Estados Unidos).

Coa información anterior e coa traballada a semana anterior deberedes cubrir a seguinte ficha con: en, au ou aux, segundo corresponda.



CORRECCIÓNS 1ºA/B SEMANA 16 AO 22 MARZO

Bonjour! Comment ça va?

Proba superada, xa pasamos a unha segunda semana de traballo!!!

Achego as correccións das tarefas que me enviastes. Deberedes revisar os exercicios e corrixilos para poder facer a vosa propia autoavaliación. Non é necesario que mos enviedes, pois eu os teño revisados e arquivados. Pero vós tedes que facer o mesmo e gardalo no voso material da aula.
Fixádevos nos comentarios que fixen ó respecto.


CORRECCIÓNS 1ºESO A/B SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO
EXERCICIO 3 PÁXINA 24 LIBRO

POINT LANGUE 1 E 2 PÁXINA 20 LIBRO
1.     LES ARTICLES DÉFINIS
Masculin singulier: le Canada, le Japon, l´Iran.
Féminin singulier: la Chine, la France, l´Espagne.
Pluriel: les États-Unis, les Philippines.

2.    LE GENRE DES NOMS DE PAYS
-          Les noms de pays qui se terminent par lettre -e sont féminins.
-          Les noms de pays qui se terminent par la lettre -s sont pluriels.

FICHAS ARTICLES DÉFINIS ET INDÉFINIS
A)     ARTICLES INDÉFINIS (FICHA 6)
1.     EXERCICE: 1.UN, 2.UNE, 3.UN, 4.UN, 5.UNE, 6.UN, 7.UNE, 8.UN
2.    EXERCICE: 1.UNE, 2.DES, 3.UN, 4.DES, 5.DES, 6.UN, 7.DES, 8.UN, 9.DES, 10.UNE
3.    EXERCICE: 1.UN/DES, 2.UN/DES, 3.UNE/UNE, 4.DES/UN, 5.UNE/DES
4.    EXERCICE: UNE, UN, UN, UN, UN, UN O UNE
B)      ARTICLES DÉFINIS (FICHA 7)
1.     EXERCICE: 1.LE, 2.L´, 3.LA, 4.LA, 5.L´, 6.LA, 7.LES, 8.LES, 9.LES, 1.LES
2.    EXERCICE: 1. LA CALCULETTE, 2.LE FEUTRE, 3.L´ARTICLE, 4.L´ATLAS, 5.LE CAHIER, 6.LA RÈGLE, 7.LE STYLO, 8.L´ACCESSOIRE, 9.L´AGENDA, 10. LE TAILLE-CRAYON
3.    EXERCICE: 1.UN/L´, 2.UNE/LA, 3.UNE/LA, 4.UN/LE, 5.UN/LE, 6.UN/L´, 7.UNE/LA, 8.UN/LE

Fixádevos nos erros de artigos con apóstrofo, que foron moi comúns en todos vós. Han de empregarse ante substantivo comezado con vogal ou h mudo. Remito ao apartado gramatical que vos acheguei cos exercicios.
NO CASO DA SOPA DE LETRAS, SIMPLEMENTE COMENTAR QUE A SÚA FINALIDADE ERA REPASAR VOCABULARIO DUN XEITO MÁIS LÚDICO. PUIDESTES COMPROBAR QUE HABÍA PALABRAS QUE SE REPETÍAN.

sábado, 21 de marzo de 2020

POEMA


Moi bo día nen@s e familias!!!

Como xa saberedes, hoxe é o día da poesía e para celebralo achégovos un poema de Víctor Hugo.
         Víctor Hugo foi un poeta, dramaturgo e novelista francés, un dos máis importantes e recoñecidos da literatura do século XIX e das letras de tódolos tempos.
         Foi un romántico atípico, cun ser característico. Como intelectual e político comprometido volcou as súas ideas nos seus escritos. Entre as súas obras más coñecidas atópanse  Les Misérables ou Notre-Dame de Paris.
Neste poema mestúranse aires frescos, de liberdades e amor. Se tedes interese por saber a súa tradución, xa sabes, poñédevos man á obra.

Un saúdo

Viens! - une flûte invisible
Viens! - une flûte invisible
Soupire dans les vergers.
La chanson la plus paisible
Est la chanson des bergers.

Le vent ride, sous l'yeuse,
Le sombre miroir des eaux
La chanson la plus joyeuse
Est la chanson des oiseaux.

Que nul soin ne te tourmente.
Aimons-nous! aimons toujours!
La chanson la plus charmante
Est la chanson des amours.