lunes, 13 de abril de 2020

TAREFAS 1ºA/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Bonjour!
Tal e como vos indiquei na entrada anterior, esta semana imos continuar co vocabulario dos animais. Achego unha ficha que deberedes completar coa tradución correspondente, a maior parte deste vocabulario xa o traballastes nas sopas de letras, así que agardo vos sexa familiar.



Como puidestes ler no encabezado da anterior actividade, aparece a palabra "animaux", que se corresponde con animais. Precisamente, o plural é do que imos tratar a continuación. Para axudarvos con esta revisión do plural de adxectivos e femininos, inclúo un documento explicativo e uns posteriores exercicios.  Na primeira ficha deberedes completar coa forma singular ou plural que falte, na parte superior dos recadros está a palabra en singular e na inferior en plural; e na segunda ficha poñer os substantivos (simples ou compostos) e os artigos que os acompañan en plural.  Lede con atención e ante calquera dúbida contades co meu correo para que sexa aclarada.
Moito ánimo, que xa sodes uns profesionais da aula virtual. Biquiños.



 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario