domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS 1ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Bonjour!


Seguimos unha semana máis de traballo coa Aula virtual do cole, aínda que con novidades, pois vos invito a que comecemos a traballar co Classroom. Se vos parece para que vaiades practicando con el, esta semana podedes ir visitándoo e para a seguinte xa nos dirixiremos a el para realizar as tarefas correspondentes. Teredes acceso a el mediante a Aula virtual, pero achego agora o enlace coa clave de acceso:

Classroom Francés 1ºESO A/B: https://classroom.google.com/u/0/h?hl=es
Código clase: ohnwns4

En canto ás tarefas desta semana, propóñovos varias escoitas coas que ides practicar e repasar os nomes dos animais que xa coñecedes, e unha historia; "Bonne nuit Tinku", na que aparecen algúns deles citados.
Agardo que disfrutedes destas actividades, non tedes que enviarme traballo algún, só escoitade atentamente.

https://www.youtube.com/watch?v=m7_94ABInys
https://www.youtube.com/watch?v=fWnCCq26GjE
https://www.youtube.com/watch?v=rERHrlUt-lM

Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario