domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!


Bo día nenos, coñecedes o libro O Principiño (1943) de Antoine de Saint-Exupéry? Achego a escea dunha película de animación que se baseou nesta recoñecida peza literaria.

Vede e escoitade con atención para responder brevemente as cuestións que vos plantexo.


Para continuar, ides escoitar unha canción que forma parte da banda sonora do filme do que falamos. Titulase J´ai dans le coeur. Deberedes completar a letra coas palabras que falten. E igual que coa escea, poderedes escoitala tantas veces como necesitedes.

Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota moito en falta.





https://www.youtube.com/watch?v=DQ_IVxK-3dk

 






CORRECCIÓNS 2ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Bonjour!
Achego as correccións das tarefas da semana pasada para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

Aí van:


TAREFAS 1ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!

Bo día nenos, comezamos xa a 3ª semana, sodes uns campións! Imos facer unas actividades lúdicas.

Imaxino que coñeceredes ao grupo Kids United e varias das súas cancións. Entre elas está Le lion est mort ce soir, imos escoitala e deberedes cubrir a súa letra coas palabras que faltan.

Achego o enlace web e a letra da canción para completala. Sabedes que podedes vela tantas veces como sexa necesario.


Xa que na canción se mencionaba a un lion, imos continuar traballando co vocabulario dos animaux.

Inclúo tres sopas de letras para que atopedes as palabras, busquedes o significado e confeccionedes o voso vocabulaire des animaux. Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o vindeiro venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota en falta.




CORRECCIÓNS 1ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Bonjour!
Achego as correccións das tarefas da semana pasada para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

Aí van:



viernes, 27 de marzo de 2020

SALUT MES ÉLÈVES!

Salut mes élèves!

Xa chegamos a venres!!!
Tivestes algunha dificultade coas tarefas?
Lembrade que podedes enviarme ao correo calquera dúbida que vos poida xurdir e os exercicios pendentes.

Na próxima publicación achego o traballo da vindeira semana.

Coidádevos moito.
BIQUIÑOS

miércoles, 25 de marzo de 2020

BONJOUR! 1º/2ºESO

Bo día nenos!!!

Ánimo que estades a facer un moi bo traballo. Estanme a chegar diariamente as vosas tarefas. Podedes enviar as que teñades pendentes da semana pasada coas desta.
Na medida do posible, enviade ata o venres para poder revisalas e enviar o traballo seguinte.

Biquiños meus nenos!!!

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Salut!

Rematada a corrección achego tarefas para que fagades esta nova semana. Lembrade que a data límite de entrega será o venres 27. 

Comezamos cunha comprensión escrita que achego a continuación. Deberedes ler o texto do Menú con detención e responder aos seis apartados posteriores. Empregado o dicionario en liña se é necesario (O exercicio da parte de abaixo de produción oral non tedes que facelo).


A seguinte tarefa consiste en completar unha táboa coa información que extraiades do texto previo que inclúo. Na táboa debedes indicar o que come (nourritures) e bebe (boissons) esa persoa en distintos momentos da xornada: no almorzo (pétit-déjeuner), comida (déjeuner), merenda (goûter) e cea (dîner); escribindo a hora concreta (heures) ou momento aproximado en que o fai, como recolle o texto.


Juliette décrit ce qu´elle mange dans la journée

Le matin, je prends mon petit-déjeuner à sept heures. Je mange des tartines à la confiture. J´aime la confiture à la fraise. Le week-end, je prends aussi des céréales ou des croissants, ça dépend. Je bois un jus d´orange ou du lait.
Á midi, je mange à la cantine du collège. On mange, par exemple, des carottes râpées et du poulet avec du riz. Comme dessert, je mange un fruit. Normalement, on boit de l´eau.
À cinq heures, je prends un goûter. Je mange du pain et si j´ai faim des chocos, et je bois du coca ou de l´eau minérale.
Le soir, au dîner, on prend de la soupe, du poisson ou de la viande et des légumes. On boit de l´eau.

Recopie la grille et complète.
Repas
Heures
Nourritures
Boissons
Petit-déjeuner









Déjeuner









Goûter









Dîner