lunes, 13 de abril de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Bonjour!

Xa estamos rematando os contidos relacionados coa Alimentación e a Pirámide alimentaria!
Moi relacionado cos partitivos, está o pronome en, que como veredes se emprega maiormente para substituír a un alimento, obxecto ou lugar, introducido por de, de la, du, de l´ou des.

Achego un video e un documento explicativo para que poidades completar unha ficha na que deberedes responder a sete preguntas de maneira afirmativa e negativa, segundo o modelo. Teredes que introducir o pronome en como substituto dun nome xa mencionado na interrogación.

A segunga actividade desta semana pretende convertervos nuns profesionais dos "crêpes". Aínda que me gustaría disfrutar con vós desta tarefa en persoa, anímovos a que enviedes imaxes cociñando estes coñecidos doces franceses. Podedes seguir a receita que inclúo pero aprtando o voso toque persoal.

Ánimo mes pâtissiers!

https://www.youtube.com/watch?v=7RWB0-4KanU









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario