domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS 2ºESO A/B SEMANA 20 AO 24 ABRIL

Bonjour!


Seguimos unha semana máis de traballo coa Aula virtual do cole, aínda que con novidades, pois vos invito a que comecemos a traballar co Classroom. Se vos parece para que vaiades practicando con el, esta semana podedes ir visitándoo e para a seguinte xa nos dirixiremos a el para realizar as tarefas correspondentes. Teredes acceso a el mediante a Aula virtual, pero achego agora o enlace coa clave de acceso:

Classroom Francés 2ºESO A/B: https://classroom.google.com/u/0/h?hl=es
Código clase: 24W3Z4Q

En canto ás tarefas desta semana, propóñovos:
- Exercicio en liña para repasar os nomes dos legumes, tedes que marcar aqueles legumes que merca e arrastrar tódolos nomes ao lugar correspondente.
http://www.estudiodefrances.com/exercices/fruitsetlegumes.html
- Tetris en liña: ides escoitar unha serie de frases, despois de escoitalas teredes que ordear os elementos desa frase colocándoos no lugar correcto así como vaian aparecendo en pantalla.
Achégovos esta actividade para repasar a orde dos elementos na frase, pois notifiquei algún erro de colocación nas últimas actividades.
http://voyagesenfrancais.fr/IMG/swf/jeu-tetris-ifm.swf
- A vindeira semana comezaremos a traballar co vocabulario da casa: este video, que vos fará volver a uns anos atrás... é para que vaiades entrando en materia:
https://www.youtube.com/watch?v=tubIZtDthRk

Agardo que disfrutedes, non tedes que enviarme traballo algún, só escoitade atentamente e poñede en práctica as vosas habilidades cos xogos.


Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario