lunes, 13 de abril de 2020

TAREFAS 1ºA/B SEMANA 14 AO 17 ABRIL

Bonjour!
Tal e como vos indiquei na entrada anterior, esta semana imos continuar co vocabulario dos animais. Achego unha ficha que deberedes completar coa tradución correspondente, a maior parte deste vocabulario xa o traballastes nas sopas de letras, así que agardo vos sexa familiar.



Como puidestes ler no encabezado da anterior actividade, aparece a palabra "animaux", que se corresponde con animais. Precisamente, o plural é do que imos tratar a continuación. Para axudarvos con esta revisión do plural de adxectivos e femininos, inclúo un documento explicativo e uns posteriores exercicios.  Na primeira ficha deberedes completar coa forma singular ou plural que falte, na parte superior dos recadros está a palabra en singular e na inferior en plural; e na segunda ficha poñer os substantivos (simples ou compostos) e os artigos que os acompañan en plural.  Lede con atención e ante calquera dúbida contades co meu correo para que sexa aclarada.
Moito ánimo, que xa sodes uns profesionais da aula virtual. Biquiños.



 
 

CORRECCIÓNS 1ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL

Salut mes élèves!
Comment étaient les vacances ?

Achego a corrección da canción Le lion est mort ce soir da  última semana para que a revisedes e autocorrixades; e gardedes logo co voso material da aula. Co vocabulario das sopas de letras imos seguir traballando cunha tarefa que vos propoño para esta semana.

jueves, 2 de abril de 2020

SALUT!

Ola meus nenos e nenas,

Quería agradecervos o traballo e esforzo de todos estes días; cunha situación nova e complexa para todos nós, pero á que estades a responder xenial.

Vexo que seguides enviando tarefas que tedes pendentes e nestes días que veñen podedes facelo igualmente.

Desexo que descansedes e disfrutedes ao máximo en compaña das vosas familias que tamén vos están a coidar e a apoiar en todo o que poden e facendo moitos esforzos.

Moitos bicos e agardo de corazón poder vervos axiña e disfrutar da vosa compaña.

Je vous embrasse

domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFAS 2ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!


Bo día nenos, coñecedes o libro O Principiño (1943) de Antoine de Saint-Exupéry? Achego a escea dunha película de animación que se baseou nesta recoñecida peza literaria.

Vede e escoitade con atención para responder brevemente as cuestións que vos plantexo.


Para continuar, ides escoitar unha canción que forma parte da banda sonora do filme do que falamos. Titulase J´ai dans le coeur. Deberedes completar a letra coas palabras que falten. E igual que coa escea, poderedes escoitala tantas veces como necesitedes.

Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota moito en falta.





https://www.youtube.com/watch?v=DQ_IVxK-3dk

 






CORRECCIÓNS 2ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Bonjour!
Achego as correccións das tarefas da semana pasada para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

Aí van:


TAREFAS 1ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!

Bo día nenos, comezamos xa a 3ª semana, sodes uns campións! Imos facer unas actividades lúdicas.

Imaxino que coñeceredes ao grupo Kids United e varias das súas cancións. Entre elas está Le lion est mort ce soir, imos escoitala e deberedes cubrir a súa letra coas palabras que faltan.

Achego o enlace web e a letra da canción para completala. Sabedes que podedes vela tantas veces como sexa necesario.


Xa que na canción se mencionaba a un lion, imos continuar traballando co vocabulario dos animaux.

Inclúo tres sopas de letras para que atopedes as palabras, busquedes o significado e confeccionedes o voso vocabulaire des animaux. Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o vindeiro venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota en falta.




CORRECCIÓNS 1ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Bonjour!
Achego as correccións das tarefas da semana pasada para que as revisedes e autocorrixades e gardedes logo co voso material da aula.

Aí van: