domingo, 29 de marzo de 2020

TAREFAS 1ºA/B SEMANA 30 MARZO AO 03 ABRIL


Salut mes élèves!

Bo día nenos, comezamos xa a 3ª semana, sodes uns campións! Imos facer unas actividades lúdicas.

Imaxino que coñeceredes ao grupo Kids United e varias das súas cancións. Entre elas está Le lion est mort ce soir, imos escoitala e deberedes cubrir a súa letra coas palabras que faltan.

Achego o enlace web e a letra da canción para completala. Sabedes que podedes vela tantas veces como sexa necesario.


Xa que na canción se mencionaba a un lion, imos continuar traballando co vocabulario dos animaux.

Inclúo tres sopas de letras para que atopedes as palabras, busquedes o significado e confeccionedes o voso vocabulaire des animaux. Lembrade ir facendo e entregando as actividades ata o vindeiro venres.

Moito ánimos meus nenos, que se vos bota en falta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario