jueves, 19 de marzo de 2020

SAÚDO

Boa tarde,

Quería felicitarvos e animarvos por todo o traballo que estades a facer.
Estou recibindo moitos correos, quería disculparme por se non respondín a todos, pero estou rexistrando tódalas tarefas que me enviades.

Un saúdo e unha aperta moi forte.

miércoles, 18 de marzo de 2020

2ºA/B ENTREGA DE TAREFAS

Boa tarde,

Algún de vós xa comezou a enviarme as tarefas por correo, rapineiro13@gmail.com, cunha fotografía ou documento adxunto podo ir revisando o voso traballo.
O límite será cada venres, para o que colgue ao comezo de cada semana. Pídovos que leades ben as mensaxes e indicacións para que fagades só o que se vos indique e de maneira adecuada.
Esta semana tedes que enviar, unicamente, o exercicio dos partitivos, o texto Au café e o Point Culture apartado A da páxina 137 do libro.

Ante calquera dúbida escribídeme ao correo e non esquezades gardar todo este traballo que recollerei á volta.
Sei que o que estades a facer require un esforzo engadido que teño moi en conta. Ánimo.

Un saúdo.

1ºESO A/B ENTREGA DE TAREFAS

Boa tarde,

Como vos indiquei na mensaxe anterior, debedes enviar o voso traballo semanal ao meu correo, rapineiro13@gmail.com, a través dunha fotografía mesmo, podo ir vendo as vosas tarefas.
O límite será cada venres. Esta semana tedes que enviar o exercicio 3 da páxina 24 do libro, os dous point langue da páxina 20 do libro, a sopa de letras das prendas de vestir e as dúas fichas dos artigos definidos ou indefinidos.

Ante calquera dúbida escribídeme ao correo e non esquezades gardar todo este traballo que recollerei á volta.
Sei que o que estades a facer require un esforzo engadido que teño moi en conta. Ánimo.

Un saúdo.


INDICACIÓN DE ENTREGA DE TAREFAS

Bonjour! Que tal ides coas tarefas? Para axudarvos a que vos xestionedes e ir revisando o traballo, cada semana, ata venres de límite, deberedes enviarme as tarefas ao correo electrónico rapineiro13@gmail.com. Sen esquecervos de gardalas igualmente nunha carpeta ou similar, para entregarmas cando nos vexamos.
Ánimo e coidádevos.

martes, 17 de marzo de 2020

TAREFA 1ºA/B SEGUNDA SESIÓN

😃Salut! Ça va?

Bo día nen@s, que tal ides co traballo? Seguide regulando o voso ritmo e tempo.
Lembrade ir gardando e arquivando todo o que se vos envíe para cando se vos pida.
Na sesión anterior estivestes repasando o xénero dos países e nacionalidades, que está moi relacionado cos artigos definidos e indefinidos, cos que indicamos ese xénero. Para rematar con este contido, repasade o material achegado na clase anterior e o que inclúo hoxe; un titorial online e a ficha dos artigos que deberiades ter impresa e facer agora. Cando a rematedes, podedes entretervos cunha sopa de letras sobre as prendas de vestir.

Un saúdo. Coidádevos moito e ánimo.
.

https://www.youtube.com/watch?v=CMjRq6yhA-I


 
 
 


TAREFA 2ºA/B SEGUNDA SESIÓN

Salut! Ça va?

Quel tal vai o traballo en casa? Ide regulando o voso esforzo e ritmo 💪😉. Lembrade cumprir coas tarefas, que serán revisadas.
O último día de clase entreguei unhas fichas e traballo que agora estou establecendo por sesión. Irei modulando e incluíndo novas actividades dependendo do tempo de corentena.

Agora achego traballo para unha segunda sesión semanal.
Imos traballar cun menú tipicamente frances; coas súas partes e principais alimentos. Para esta tarefa é necesario que vaiades ao voso libro, á páxina 137; esta comeza coa imaxe dun menú escolar. É necesario que o leades e vexades o significado daquelas palabras que non coñezades (tedes ó tradutor ou dicionario en liña á vosa disposición).

Ao observar o menú vedes que se diferencian 4 partes que a continuación imos detallar:


  • Entrée (entrada): componse de "crudités" (legumes crudas ou ás veces cociñadas, servidas frías), chacinería e froita. Inclúese tamén a sopa, pero acostuma reservarse para a cea.
  • Fromage ou produit laitier (queixo ou produtos láteos: Francia é coñecida polos seus queixos (Camembert, Comté, Brie...), aos que se lle suman outros alimentos como poden ser os iogures.
  • Plat principal (prato principal): trátase de carne, ovos ou peixe, con legumes, arroz ou pasta.
  •  Dessert (postre): os postres son normalmente azucarados e inclúen den pasteis ata froita. 
A anterior información ven recollida tamén no Point Culture Le repas en France, apartado A que aparece nesa páxina 137. Deberedes incluír o vocabulario que falta servíndovos das palabras que xa coñecedes e tedes boa parte na páxina 136.

Envío ademais un texto sobre a alimentación e a pirámide alimentaria para que vaiades lendo estes días e buscades o significado das palabras que non coñezades.

Un saudiño






domingo, 15 de marzo de 2020


TAREFAS PARA 2ºA/B

Salut!
Nas sesións anteriores estivemos traballando coa alimentación e a pirámide alimentaria; os seus escalafóns e os diversos alimentos que a compoñen.
Cando nos referimos aos alimentos, en concreto a aqueles dos que non se indica unha cantidade precisa, debemos empregar os partitivos. Imos traballar con eles, para o que achego a información pertinente e os exercicios correspondentes.




Les articles partitifs

1. Emprego
Utilizamos os artigos partitivos diante dos alimentos, ingredientes ou bebidas que non podemos contar, cuantificar ou para desinar unha parte dun alimento.
Exemplos:
-Je mange du pain et de la salade. (tomo unha parte ou porción)
- Tu bois de l'eau ou du jus de fruits?
- Je voudrais un café avec du sucre et du lait.
- Tu veux du poulet? 
(queres unha porción? Non o polo enteiro.)

2. Formación
Táboa dos “articles partitifs”

masculin
féminin
singulier
du (+ consoante)
 de l'(+vogal ou h mudo)
de la (+ consoante)
de l'(+vogal ou h mudo)
pluriel
des
des

Exemplos:
- Le matin, je mange du pain, du beurre, de la confiture et des fruits.
- Le soir, je mange du poulet, du riz ou des pâtes et je bois de l'eau ou du vin.

3. A negación                                                                                                                                            En frases negativas du, de l', de la et des –> de ou d'.
Exemplos:
- Je mange du pain. –> Je ne mange pas de pain.
- Il mange des fruits. –> Je ne mange plus de fruits.

4. Expresións de cantidade                                                                                                                  Para indicar unha cantidade podemos empregar expresións como un peu de ou d' (un pouco de), beaucoup de ou d' (moito de), assez de ou d' (bastante de), un morceau de ou d' (un anaco de), un kilo de ou d' (un quilo de), etc.
Exemplos:
- Je mange du pain. –> Je mange un morceau de pain.
- Il mange des fruits. –> Il mange beaucoup de fruits.
- Tu as de la confiture. –> Tu as assez de confiture.
- J'ai acheté des pommes de terre. –> J'ai acheté un kilo de pommes de terre.

Atención! Cos verbos de apreciación aimer, adorer, détester, préférer, etc., en lugar dos partitivos empregamos os artigos definidos le, la, l', les.
Exemplos:
- Je mange du poisson car j'adore le poisson.
- Je bois de la bière car j'aime la bière.

EXERCICES
1. Entoure la forme correcte.
a) Tu aimes du/le chocolat chaud?
b) Il y a du/de la beurre à la maison.
c) Vous commandez du/un croissant.
d) Je mange du/de la miel tous les jours.
e) Elle boit du/de la lait écrémé.
f) Vous voulez ls/des fruits?

2. Complète avec du, de la, de l´ou l´indéfini des.
a) Le matin, tu bois .......................... chocolat et tu manges........................ biscottes.
b) Je voudrais.................................. pain grillé avec.................................... beurre.
c) Elle commande............................. café et............................... croissants.
d) Il y a ............................saccharine ou.........................sucre dans le yaourt?
e) Nous préférons manger .....................................céréales avec ....................lait.
f) On mange...........................fromage au petit-déjeuner.

3. Complète les phrases avec l´article qui convient.
a) Si tu manges...............bonbons, lave-toi les dents après.
b) Tu veux ............................chocolat ou .............................confiture sur la crêpe?
c) On achète ........................pizza ou ............................lasagnes pour demain?
d) Le soir, nous mamgeons léger:............................. poisson et .....................salade.
e) Elle mange.........................légumes deux fois par jour.
f) Je vais prendre ............................poulet avec ...................................frites.

 4. Complète les questions et les réponses.
a) Tu manges.................................jambon?            -Non, je ne...............................................
b) Il y a.................................pain complet?            -Non, il n´.................................................
c) On a .................................oranges?                    -Non, on n´...............................................
d) Vous buvez........................café?                        -Non, je ne................................................
e) Tu demandes ........................beurre?                 -Non, je ne................................................
f) Elle veut................................eau?                      -Non, elle ne.............................................
g) Nous prenons .......................escargots?            -Non, vous ne...........................................
h) Je mets...............................essence de vanille? -Non, tu ne................................................
  

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Á tarefa anterior súmase este diálogo, que ten lugar nunha cafetería. Deberedes ler o texto, e dicir se as frases que se recollen a continuación, son verdadeiras ou falsas. Deberedes corrixir as que non son verdadeiras, como fixemos no último exercicio da aula.





AU CAFÉ

 

1.    Lisez la conversation.

 

Natacha: Je voudrais un café et un pain au chocolat, s´il vous plaît.

Serveuse: Désolée! On n´a pas de pains au chocolat.

Natacha: Alors, je vais manger un croissant.

Arnaud: Et moi, je voudrais une pizza et un coca, s´il vous plaît.

Serveuse: Très bien.

Juliette: Je vais manger une glace. Vous avez quel parfums?

Serveuse: Glace à la vanille, glace au chocolat ou glace à la fraise.

Juliette: Je voudrais une glace à la fraise, s´il vous plaît, et une limonade.

Matthieu: Moi, je préfère les glaces au chocolat…mais je ne mange pas de glace aujourd´hui. Mo, je vais manger un sandwich.

Serveuse: Au fromage ou au jambon?

Matthieu: Euh…un sandwich au fromage, s´il vous plait. Et je vais boire un jus d´orange…

Serveuse: Très bien. C´est tout?

Matthieu: Non. J´ai faim. Je voudrais une crêpe au chocolat…et…un croissant…et…

Tous: Matthieu!

 

2.    Vrai ou faux? Corrige les frases qui sont fausses.

a)    Matthieu va manger un sandwich au fromage.

b)    Juliette voudrait une glace au chocolat.

c)    Arnaud n´aime pas la pizza.

d)    Natacha voudrait une crêpe.

e)    On n´a pas de croissants.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Lembrade ir facendo un glosario do vocabulario que imos traballando e ir gardando no voso material da aula, o que vaiades facendo estes días.

Estou á vosa disposición para o que necesitedes.
Coidádevos. Unha aperta.