miércoles, 18 de marzo de 2020

2ºA/B ENTREGA DE TAREFAS

Boa tarde,

Algún de vós xa comezou a enviarme as tarefas por correo, rapineiro13@gmail.com, cunha fotografía ou documento adxunto podo ir revisando o voso traballo.
O límite será cada venres, para o que colgue ao comezo de cada semana. Pídovos que leades ben as mensaxes e indicacións para que fagades só o que se vos indique e de maneira adecuada.
Esta semana tedes que enviar, unicamente, o exercicio dos partitivos, o texto Au café e o Point Culture apartado A da páxina 137 do libro.

Ante calquera dúbida escribídeme ao correo e non esquezades gardar todo este traballo que recollerei á volta.
Sei que o que estades a facer require un esforzo engadido que teño moi en conta. Ánimo.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario