martes, 17 de marzo de 2020

TAREFA 2ºA/B SEGUNDA SESIÓN

Salut! Ça va?

Quel tal vai o traballo en casa? Ide regulando o voso esforzo e ritmo 💪😉. Lembrade cumprir coas tarefas, que serán revisadas.
O último día de clase entreguei unhas fichas e traballo que agora estou establecendo por sesión. Irei modulando e incluíndo novas actividades dependendo do tempo de corentena.

Agora achego traballo para unha segunda sesión semanal.
Imos traballar cun menú tipicamente frances; coas súas partes e principais alimentos. Para esta tarefa é necesario que vaiades ao voso libro, á páxina 137; esta comeza coa imaxe dun menú escolar. É necesario que o leades e vexades o significado daquelas palabras que non coñezades (tedes ó tradutor ou dicionario en liña á vosa disposición).

Ao observar o menú vedes que se diferencian 4 partes que a continuación imos detallar:


  • Entrée (entrada): componse de "crudités" (legumes crudas ou ás veces cociñadas, servidas frías), chacinería e froita. Inclúese tamén a sopa, pero acostuma reservarse para a cea.
  • Fromage ou produit laitier (queixo ou produtos láteos: Francia é coñecida polos seus queixos (Camembert, Comté, Brie...), aos que se lle suman outros alimentos como poden ser os iogures.
  • Plat principal (prato principal): trátase de carne, ovos ou peixe, con legumes, arroz ou pasta.
  •  Dessert (postre): os postres son normalmente azucarados e inclúen den pasteis ata froita. 
A anterior información ven recollida tamén no Point Culture Le repas en France, apartado A que aparece nesa páxina 137. Deberedes incluír o vocabulario que falta servíndovos das palabras que xa coñecedes e tedes boa parte na páxina 136.

Envío ademais un texto sobre a alimentación e a pirámide alimentaria para que vaiades lendo estes días e buscades o significado das palabras que non coñezades.

Un saudiño






No hay comentarios:

Publicar un comentario