domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS 1ºA/B SEMANA 23 AO 27 MARZO

Salut!

Rematada a corrección achego tarefas para que fagades esta nova semana. Lembrade que a data límite de entrega será o venres 27. 

Comezamos cunha ficha de repaso dos adxectivos, deberedes traducilos na columna da dereita, tanto ao masculino como ao feminino, xa traballamos con todos eles, pero se necesitades axuda, sabedes que tedes á vosa disposición dicionarios en liña.


Ao finalizar o exercicio anterior continuamos con expresións útiles para indicar a ida a un país. É necesario que conxuguemos primeiro o verbo "ir", que en francés se coñece como "aller". Esta é a súa conxugación no presente nas distintas persoas que xa coñecedes:

JE VAIS
TU VAS
IL/ELLE/ON VA
NOUS ALLONS
VOUS ALLEZ 
ILS/ELLES VONT

Se o que queremos é dicir que imos a ún país que é de xénero feminino (rematado en -e), despois do verbo teremos que poñer a preposición -en.
Exemplo:
Je vais en Espagne (Eu vou a España).

Se o que queremos é indicar que imos a ún país que é de xénero masculino (rematado en calquera consoante ou vogal que non sexa -e), despois do verbo teremos que poñer a contracción -au. 
Exemplo: Tu vas au Maroc (Ti vas a Marrocos).


Se pola contra, o que queremos é comunicar que imos a ún país que é de número plural (masculino ou feminino, rematado en -s), despois do verbo teremos que poñer a contracción -aux. 
Exemplo: Elle va aux États-Unis (Ella  vai aos Estados Unidos).

Coa información anterior e coa traballada a semana anterior deberedes cubrir a seguinte ficha con: en, au ou aux, segundo corresponda.



No hay comentarios:

Publicar un comentario