domingo, 15 de marzo de 2020


TAREFAS PARA 1ºA/B
 
 
 
Salut!
 
Nos últimos días estivemos traballando co xénero dos países e nacionalidades. Lembrade revisar o Point Langue da páxina 19 do libro, no que traballamos "Les adjectifs de nationalité" e a ficha Les pays. Como reforzo achego recordatorios de carácter gramatical e exercicios para que practiquedes o traballado.
 
O xénero das nacionalidades
1.    A regra xeral para o xénero dos adxectivos de nacionalidade, indica que para crear o feminino, se ha de engadir un –e á forma masculina.
Exemplos: - Paul est allemand et Susanne est allemande.
- Miguel est espagnol et Cristina est espagnole.


2.    Os adxectitvos de nacionalidade que rematen nun –e no masculino, non cambian no feminino. Mantéñense igual.
Exemplos:

     -      Il est slovaque, slovène, russe, belge, bulgare, croate, serbe, suisse, tchèque.
     -     Elle est slovaque, slovène, russe, belge, bulgare, croate, serbe, suisse, tchèque.


3.Cando o adxectivo masculino posúa a terminación –en, para crear o feminino duplicará a consoante final e logo engadirá –e
Exemplos:
-       Carlos est canadien.
-       Flora est canadienne.
4.    Outros adxectivos de nacionalidade posúen formas particuliares para o feminino.
Exemplos:
- Il est grec - elle est grecque.
- Il est turc - elle est turque.
 
FACER EXERCICIO 3 PÁXINA 24 DO LIBRO (completade coas nacionalidades masculinas ou femininas que falten). 
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 
O masculino e feminino dos países
 
1.       Lembramos que todo país rematado en –e se considera de xénero feminino; polo que lle corresponderá:
-          O artigo definido la, se comeza por consoante:
Exemplo: La France.
-          O artigo definido , se comeza por vogal ou h mudo:

Exemplo: Irlande.
2.       No reto dos casos, coas excepción do plural, o país en singular considerarase de xénero masculino, polo que será acompañado de:
-          O artigo definido le, se comeza por consoante:
Exemplo: Le Portugal.
-       O artigo definido , se comeza por vogal ou h mudo:
Exemplo: Iran.
3.      Para os países que posúen un nome plural resérvase o artigo definido les:
Exemplo: Les États-Unis.
 
FACER OS DOUS PONT LANGUE DA PÁXINA 20 DO LIBRO (completade cos artigos definidos no da esquerda e cubride a regra do masculino e feminino dos países no da dereita).
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Estou á vosa disposición para todo o que necesitedes.
Coidádevos, unha aperta.

 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Aller en/au/aux + pays
1.       Lembramos que todo país rematado en –e se considera de xénero feminino; polo que lle corresponderá:
-          O artigo definido la, se comeza por consoante:
Exemplo: La France.
-          O artigo definido , se comeza por vogal ou h mudo:
Exemplo: Irlande.
2.       No reto dos casos, coas excepción do plural, o país en singular considerarase de xénero masculino, polo que será acompañado do:
-          O artigo definido le, se comeza por consoante:
Exemplo: Le Portugal.
3.       O artigo definido , se comeza por vogal ou h mudo:
Exemplo: Iran.
4.       Para os país que posúen un nome plural resérvase o artigo definido les:
        Exemplo: Les États-Unis.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 





No hay comentarios:

Publicar un comentario